Nos últimos anos en Galiza o PP impulsou todo tipo de medidas e recortes que provocaron unha redución na sanidade pública de 2.000 millóns de euros, ademais de 2.000 profesionais menos. Todos estes recortes, intencionadamente planificados e programados, teñen unha gravísima repercusión nos servizos e na asistencia sanitaria á poboación e evidencian que a política . . .
A candidatura do Bloque Nacionalista Galego de Xinzo porá remate á campaña das Eleccións Municipais nun acto cargado de reencontros emotivos, contido político e ánimo festivo, que terá lugar este venres, 24 de maio, no XPazo (antigo Pazo das Meigas), ás 20:30 do serán. En palabras do alcaldábel nacionalista, Ramiro Rodríguez, “sentímonos moi optimistas e . . .
Dende o BNG de Xinzo queremos empregar todos os recursos, competencias e capacidades ao alcance do Concello co propósito de frear a sangría demográfica e conseguir fixar poboación, especialmente no noso rural. Para cumprir este obxectivo presentamos unha serie de medidas co obxectivo de paliar esta dramática situación. En primeiro lugar pularemos pola creación dunha . . .
Nun esforzo por levar as nosas propostas directamente á cidadanía de Xinzo, no BNG apostamos por trasladar parte da nosa campaña á rede paralelamente aos mitins, encontros e demais actos públicos que estamos a realizar. Para conseguilo poñemos a disposición das veciñas e veciños a web coasideasclaras.bngxinzo.gal que contén toda a información sobre a candidatura . . .
Ramiro Rodríguez, candidato á Alcaldía do Concello de Xinzo polo BNG, fai unha proposta formal de celebración dun debate de alcaldábeis público e aberto. Aínda sen se ter pechado o prazo oficial para a presentación de candidaturas para as vindeiras Eleccións Municipais do 26 de maio, o candidato nacionalista empraza desde o mesmo intre en . . .
É verdadeiramente lamentábel que a estupenda iniciativa, aplaudida e alabada pola imensa maioría das veciñas e veciños, de colocar por diferentes puntos da vila fotografías en gran tamaño con escenas históricas do Entroido fora estragada, nesta ocasión, pola falla de dilixencia do goberno do PP á hora de tramitar os permisos oportunos e pola escasa . . .
Nas obras de mellora que se están a realizar na Rúa do Peto foron destapados novos restos arqueolóxicos dos que se descoñece a datación e están pendentes de valoración pol@s expert@s. Hoxe rexistramos un escrito no Concello solicitando que se estuden as opcións para que poidan ser conservados, postos en valor e utilizados como reclamo . . .