Coas alegacións á ordenanza de subvencións perseguimos evitar a discrecionalidade e aumentar o control e a transparencia

No Pleno ordinario de marzo aprobouse provisionalmente a Ordenanza Xeral de Subvencións do Concello de Xinzo da Limia, que ata o de agora non existía, co obxectivo de dar cobertura ás subvencións que anualmente concede o Concello.

O noso concelleiro, Ramiro Rodríguez, anunciou xa no pleno que estabamos a estudar emendas ao texto inicial que serían presentadas no período de alegacións. Este abriuse a partires do anuncio de aprobación inicial publicado no BOP nº66 do 21 de marzo de 2017.

As alegacións presentadas persiguen evitar a discrecionalidade no reparto dos cartos públicos e inciden, basicamente, na transparencia e no control por parte dos órganos colexiados do Concello, onde están representados todos os veciños e veciñas, das subvencións outorgadas.