Pleno ordinario [29-6-2017]

O Pleno ordinario de xuño celebrarase mañá, xoves, 29 de xuño, ás 11:00h cos seguintes puntos como máis salientábeis na orde do día:

  • Aprobación da Conta Xeral de 2016.
  • Delegación da recadación en vía executiva na Deputación de Ourense.
  • Aprobación do novo Escudo e Bandeira do Concello.

No apartado de urxencia debaterase a moción conxunta da oposición reclamando a anulación da licenza á Planta de produción de mestura bituminosa en quente na canteira de Bouzas nº266 de Parada de Ribeira.