Aqueles días de outono do 2010

Nós xa o dixemos hai oito anos. O acontecido todo este tempo, e os recentes sucesos coa dimisión do Sr. Casas, non se poden entender sen ter moi presentes aqueles días de outono do 2010. Fío histórico pra despistados/as!! 😉 #xinzo

O asalto á alcaldía xa se viña xestando dende moitos meses atrás, mais todo se concretou no mes de xullo cando, coa complicidade de @ManuelBaltar, o Sr. Pérez foi escollido candidato do @ppdegalicia nas seguintes municipais.

No mes de outubro Isaac Vila é forzado a deixar a alcaldía, mais o plan estivo no ar pola resistencia do popular Alfonso Patricio, aquí entra o Sr. Cabas ao rescate e permite consumar a “Operación Chavelleiro”. No @ELPAISGalicia non deixan lugar a dúbidas ao cualificar os feitos.

Loxicamente o Sr. Pérez agradecía vivamente o xesto e desfacíase en eloxios ao que agora se postula (xa veremos) como alcalde. Nesta entrevista do @Farodevigo aparecen outros dous clásicos:
     1. A unidade do PP
     2. Foise por motivos persoais
Sóanvos de algo? 😉

Pasou o tempo e xa no 2012 o descontento do Sr. Vila co seu sucesor (e cos que o enganaron para aupalo) era evidente. Na @lavozdegalicia Vila encárgase de confirmar a manobra e quedan claros cales eran os “motivos persoais” que o levaron a renunciar.

Mais como non hai mal que cen anos dure e os intereses mútuos e comúns son un potente cemento que une moito no seo “popular”, un ano despois escenificábase a reconciliación coa comparecencia de todos os implicados.

Os máximos responsabeis da situación actual: @ManuelBaltar, presidente do PP e da @depourense, e Antonio Pérez, ex-alcalde condenado e inhabilitado por prevaricación, son os que deberían darlle explicacións aos veciños e veciñas de #xinzo diante desta desfeita.

Rematamos, isto foi unha moi reducida escolma, como complemento velaí vai a hemeroteca daqueles días que tamén é moi ilustrativa 😉 se alguén quere algún documento da lista en concreto que mande un email. 🙂

O fío orixinal foi publicado na conta de Twitter do @bngxinzo

Continuará…