Categoría: Axenda

O BNG de Xinzo pechará a campaña cun acto festivo e cheo de simbolismo

A candidatura do Bloque Nacionalista Galego de Xinzo porá remate á campaña das Eleccións Municipais nun acto cargado de reencontros emotivos, contido político e ánimo festivo, que terá lugar este venres, 24 de maio, no XPazo (antigo Pazo das Meigas), ás 20:30 do serán. En palabras do alcaldábel nacionalista, Ramiro Rodríguez, “sentímonos moi optimistas e . . .

O BNG de Xinzo súmase á campaña de denuncia do espolio enerxético do noso País

No BNG defendemos que Galiza ten dereito a controlar os seus recursos enerxéticos e para iso é fundamental poñer fin á actual situación de explotación colonial e reclamar capacidade normativa. Co actual modelo, mentres estado e eléctricas aumentan os seus beneficios e Galiza exporta enerxía, no noso país hai máis de 442.000 persoas que declaran non . . .

Pleno ordinario [29-6-2017]

O Pleno ordinario de xuño celebrarase mañá, xoves, 29 de xuño, ás 11:00h cos seguintes puntos como máis salientábeis na orde do día: Aprobación da Conta Xeral de 2016. Delegación da recadación en vía executiva na Deputación de Ourense. Aprobación do novo Escudo e Bandeira do Concello. No apartado de urxencia debaterase a moción conxunta . . .

Pleno ordinario [31-5-2017]

O Pleno ordinario de maio celebrarase mañá, mércores, 31 de maio, ás 11:00h cos seguintes puntos como máis salientábeis na orde do día: Aprobación definitiva da Ordenanza xeral de subvencións. Recoñecemento extraxudicial de crédito 1/2017. Acordo transaccional sobre a interpretación do convenio con Viaqua en relación ao canon de verquidos. Moción conxunta (promovida por XA) . . .

Pleno extraordinario [27-4-2017]

Con carácter extraordinario convócase pleno para mañá, xoves, 27 de abril, ás 9:30h coa seguinte orde do día: Aprobación do Plan Económico e Financeiro. Orde do día do Pleno extraordinario 27-4-2017

Pleno ordinario [10-3-2017]

O Pleno ordinario de marzo celebrarase mañá, venres, 10 de marzo, ás 11:00h cos seguintes puntos como máis salientábeis na orde do día: Liquidación dos orzamentos de 2016. Aprobación inicial da Ordenanza de Subvencións do Concello de Xinzo. Cesión á Deputación Provincial do vial OU-P-000 que une Xinzo dende o enlace coa autovía A52 con . . .

Conversas con Ana: O nacionalismo como alternativa política para Galiza

Atréveste a falar con Ana Pontón de nacionalismo, da Unión Europea, da tarifa eléctrica galega, do modelo de financiamento,… de todo? Pois agardámoste este sábado, 21 de xaneiro – 18:30h, no Café Rudi – Praza Maior, Xinzo. Non falles!! 😉