Categoría: Axenda

Pleno extraordinario urxente [26-12-2014]

Con carácter extraordinario e urxente convócase pleno hoxe para as 14:30h co seguinte punto a tratar na orde do día: Resolución de alegacións e aprobación definitiva da ordenanza fiscal nº8 reguladora da taxa pola recollida do lixo Orde do día do pleno extraordinario urxente 26-12-2014

Pleno ordinario [22-12-2014]

Hoxe ás 11:00h celébrase reunión do Pleno cun único punto salientábel na orde do día: Requirimento da Xunta de Galiza para a anulación do acordo plenario de 30/10/2014 sobre a aprobación definitiva do “Estudo de Detalle da Reordenación de volumes na Avd. de Ourense nº130, esquina Pista dos Castros”. Orde do día pleno ordinario 22-12-2014

Pleno extraordinario [13-11-2014]

Hoxe ás 11:00h celébrase reunión do Pleno cos seguintes puntos salientábeis na orde do día: Revisión ordenanzas 2015. Dación de conta do procedemento para o alleamento da Parcela 307-A do Parque Empresarial. Orde do día Pleno extraordinario 13-11-2014

Asemblea Aberta [10 de outubro, 20:30h, Casa da Cultura, Xinzo]

Queremos mudar o Concello! Contamos contigo? Se a resposta é afirmativa entón vémonos hoxe ás 20:30h na Casa da Cultura de Xinzo!