Categoría: Grupo Municipal

Pleno extraordinario urxente [23-2-2017]

Con carácter extraordinario e urxente convócase pleno para mañá, xoves, 23 de febreiro, ás 11:00h cun único tema a tratar na orde do día: Posicionamento do Concello a prol de que se adopten as medidas necesarias para o control da praga da couza guatemalteca. Orde do día Pleno extraordinario urxente 23-2-2017

O BNG propón aprobar unha taxa pola utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público local das instalacións de transporte de enerxía eléctrica, gas e hidrocarburos

A Lei Reguladora das Facendas Locais estabeleceu en 2004 que as empresas eléctricas, de gas, de auga e hidrocarburos están obrigadas a pagar unha taxa fixada por un informe técnico-económico por atravesar o dominio público local, aínda que non os subministren. Malia esa habilitación legal, e unha vez se aprobaron ordenanzas reguladoras para fixar esa . . .

O BNG rexeita a suba do IPC para 2017 nos servizos de abastecemento e depuración de auga

No pleno extraordinario de hoxe o BNG votou en contra da suba do 0,2% das tarifas de abastecemento e depuración de auga solicitada pola concesionaria para o ano 2017. Dende que se estendeu a concesión no ano 2007 a Viaqua (antes Aquagest) por 30 anos máis (ata 2046) e, fundamentalmente, a raíz da aprobación da . . .

O BNG solicita que se analicen as posibilidades do novo marco legal en materia de cemiterios

Logo da recente aprobación do Decreto 151/2014, do 20 de novembro, de sanidade mortuoria de Galiza, e coa intención de que se revise en profundidade a problemática existente no noso Concello no tema dos cemiteiros, o Grupo Municipal do Bloque de Xinzo rexistrou unha moción solicitando que se analicen as posibilidades que brinda a nova . . .

O BNG vota en contra da suba do IBI e da taxa de recollida do lixo

No pleno celebrado onte o grupo de goberno do PP abordou a revisión anual das ordenanzas municipais que regulan os impostos, taxas e prezos públicos que deberán soportar os veciños e veciñas de Xinzo para o ano 2015. Nesta ocasión o IPC de setembro, que se toma como base para calcular as subas, foi negativo . . .

O BNG presenta unha moción para a posta en valor do noso Patrimonio Arqueolóxico

O Grupo Municipal do Bloque de Xinzo rexistrou unha moción, para debater no vindeiro pleno, solicitando a posta en marcha dunha serie de medidas encamiñadas á valorización do noso inmenso patrimonio arqueolóxico. Velaquí tedes o texto completo da mesma: O Grupo Municipal do BNG (Bloque Nacionalista Galego) de Xinzo da Limia, ao abeiro da lexislación . . .

O BNG denuncia unha trama organizada nas adxudicacións de obra pública do Concello de Xinzo

Antonio Pérez optou por darlle continuidade á tradicional política caciquil do PP asentando o seu poder e influencia na colocación de afíns e no reparto da obra pública. Xinzo da Limia, 3 de febreiro de 2014. Logo de revisar todas as adxudicacións de obra pública dos últimos tres anos de goberno do Sr. Pérez hai . . .