Categoría: Sala de imprensa

O BNG de Xinzo empraza a un debate público e aberto de cara ao 26M

Ramiro Rodríguez, candidato á Alcaldía do Concello de Xinzo polo BNG, fai unha proposta formal de celebración dun debate de alcaldábeis público e aberto. Aínda sen se ter pechado o prazo oficial para a presentación de candidaturas para as vindeiras Eleccións Municipais do 26 de maio, o candidato nacionalista empraza desde o mesmo intre en . . .

Lamentamos a retirada das lonas con imaxes históricas do Entroido

É verdadeiramente lamentábel que a estupenda iniciativa, aplaudida e alabada pola imensa maioría das veciñas e veciños, de colocar por diferentes puntos da vila fotografías en gran tamaño con escenas históricas do Entroido fora estragada, nesta ocasión, pola falla de dilixencia do goberno do PP á hora de tramitar os permisos oportunos e pola escasa . . .

Reclamamos un protocolo de actuación claro para casos como o da rúa do Peto

Nas obras de mellora que se están a realizar na Rúa do Peto foron destapados novos restos arqueolóxicos dos que se descoñece a datación e están pendentes de valoración pol@s expert@s. Hoxe rexistramos un escrito no Concello solicitando que se estuden as opcións para que poidan ser conservados, postos en valor e utilizados como reclamo . . .

Xa abonda de experimentos no Toural!

A errática e desnortada acción política do PP de Xinzo, especialmente nos últimos anos, ten a súa expresión máis gráfica na francamente mellorábel situación dos diversos parques infantís, espazos de lecer e zonas verdes espalladas ao longo e ancho da nosa vila. De entre todas as desfeitas destacan as perpetradas na Alameda e no Parque . . .

O BNG de Xinzo súmase á campaña de denuncia do espolio enerxético do noso País

No BNG defendemos que Galiza ten dereito a controlar os seus recursos enerxéticos e para iso é fundamental poñer fin á actual situación de explotación colonial e reclamar capacidade normativa. Co actual modelo, mentres estado e eléctricas aumentan os seus beneficios e Galiza exporta enerxía, no noso país hai máis de 442.000 persoas que declaran non . . .

Crónica dunha prevaricación anunciada

A confirmación por parte da Audiencia Provincial da sentenza emitida hai uns meses polo Xulgado do Penal nº1, logo de deducir testimonio tras as sentenzas do Contencioso-Administrativo, é o capítulo final da lamentábel traxectoria política do Sr. Antonio Pérez, que xa encetou con mal pé ao empurrar, logo de meses de chantaxes e trapicheos dentro . . .

O BNG lamenta o caos organizativo do Concello na xornada do 25N

Desde o BNG de Xinzo vémonos na obriga de denunciar a falla de planificación e de consciencia de xénero amosadas polo Goberno do Partido Popular de Xinzo á hora de planificar os actos do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia Machista.  A nosa organización cre fundamental visibilizar o rexeitamento contra este grave problema . . .