Tag: concello

Valoración do BNG do pleno de elección do Sr. Cabas como terceiro alcalde no que vai de mandato

A celebración hoxe, ás presas, do pleno extraordinario no que resultou elixido alcalde o terceiro candidato do PP, Manuel Cabas, logo da renuncia forzada pola xustiza de Antonio Pérez, e da dimisión inesperada por “motivos persoais” de Manuel Casas, é un capítulo máis do culebrón permanente no que o Partido Popular leva convertido ao Concello . . .

Aqueles días de outono do 2010

Nós xa o dixemos hai oito anos. O acontecido todo este tempo, e os recentes sucesos coa dimisión do Sr. Casas, non se poden entender sen ter moi presentes aqueles días de outono do 2010. Fío histórico pra despistados/as!! 😉 #xinzo O asalto á alcaldía xa se viña xestando dende moitos meses atrás, mais todo . . .

Valoración da dimisión do alcalde Manuel López Casas

A dimisión inesperada de Manuel López Casas, aducindo “motivos persoais”, leva ao Concello de Xinzo a unha situación inédita e única no país xa que tres alcaldes diferentes van ocupar o cargo no mesmo mandato. Non se pode facer unha análise da súa xestión porque foi esencialmente continuista e tres meses non dan para moito, . . .

Pleno ordinario [29-6-2017]

O Pleno ordinario de xuño celebrarase mañá, xoves, 29 de xuño, ás 11:00h cos seguintes puntos como máis salientábeis na orde do día: Aprobación da Conta Xeral de 2016. Delegación da recadación en vía executiva na Deputación de Ourense. Aprobación do novo Escudo e Bandeira do Concello. No apartado de urxencia debaterase a moción conxunta . . .

Pleno ordinario [31-5-2017]

O Pleno ordinario de maio celebrarase mañá, mércores, 31 de maio, ás 11:00h cos seguintes puntos como máis salientábeis na orde do día: Aprobación definitiva da Ordenanza xeral de subvencións. Recoñecemento extraxudicial de crédito 1/2017. Acordo transaccional sobre a interpretación do convenio con Viaqua en relación ao canon de verquidos. Moción conxunta (promovida por XA) . . .

O proxecto actual da avenida de Celanova é unha aberración que non se xustifica baixo ningún criterio urbanístico nin de seguridade

O proxecto actual da avenida de Celanova, que contempla a eliminación das árbores centenarias alí existentes, é unha aberración desde todos os puntos de vista e non se xustifica baixo ningún criterio de seguridade nin urbanístico. Os veciños e veciñas desa rúa merecen unha solución á problemática que existe na actualidade, mais esta non pasa, . . .

Pleno extraordinario [27-4-2017]

Con carácter extraordinario convócase pleno para mañá, xoves, 27 de abril, ás 9:30h coa seguinte orde do día: Aprobación do Plan Económico e Financeiro. Orde do día do Pleno extraordinario 27-4-2017